García MC, con 'Deitado fronte ao mar' e Kastomä con 'A infancia', finalistas do certame vinculado ao Correlingua.
A comarca de Ordes é a día de hoxe unha caldeira onde se coce o mellor da música galega. A última demostración é que os tres grupos finalistas do concurso Cantalingua 2010 son desta bisbarra. O portal de música Komunikando.net deu a coñecer este martes os gañadores do concurso. O primeiro lugar foi para o grupo cercedense Machina, polo seu tema “Machinazón”. O segundo e terceiro premio foi para o municipio veciño de Ordes: García MC, con 'Deitado fronte ao mar' e Kastomä por 'A infancia'.
O Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades que conforman o Correlingua: AS-PG, CIG-Ensino, A Mesa e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo. O portal komunikando.net encárgase de ser a casa común de todo o certame.
As bases establecían que as cancións que optasen ao concurso debían ser orixinais. Os gañadores foron elixidos nun sistema mixto de votación popular e un xurado. Os premios os mellores posíbeis: actuar. Así o primeiro clasificado tocará en cinco concertos e os finalistas en tres e dous respectivamente.
O tema de Machina que logrou o primeiro premio
'Deitado fronte ao mar', de García MC
Videoclip da canción de Kastomä