Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Alternativas na rede

As necrolóxicas: a enésima crise da prensa tradicional

Os xornais estadounidenses pretenden compensar a perda de ingresos subindo os prezos da publicidade funeraria, o que pode levalos a perder clientes.

Redacción - 13:10 24/04/2010

As notas necrolóxicas na prensa tradicional están a sufrir unha crise nos Estados Unidos que se podería estender, se non mudan as cousas, a este lado do Atlántico. O principal risco para os xornais son os desmesurados prezos que cobran polas necrolóxicas, para compensar a crise do sector, e que non todo o mundo está disposto a pagar, habendo alternativas na internet.

Así, Alan D. Mutter contou no seu blog sobre xornalismo 'Reflections of a Newsosaur' que algúns periódicos pretenden explotar a situación emocional das familias tirando beneficio económico duns anuncios excesivamente caros. Pero, por outra banda, perder a batalla deste tipo de publicidade tamén privaría os medios dunha importante audiencia interesada en coñecer os óbitos.

A solución que achega Poynter.org é que os xornais cheguen a acordos con webs que recompilan os falecementos, poñendo o exemplo de Legacy.com. Porén, a prensa tradicional é moi reticente a colaborar cos medios en liña, aos que ven como competidores. Entre tanto, cada vez máis xente nos Estados Unidos decide aforrar o diñeiro das notas necrolóxicas ou ben destinalo a fins benéficos, como foi o caso de Mutter.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: