Co espazo aéreo europeo case pechado, as aeroliñas abonan a idea de que as medidas preventivas son excesivas.
A fin de semana estivo marcada polos numerosos voos cancelados en toda Europa. Este luns, agárdase que se vaia recuperando a normalidade e que se poidan cumprir a metade das rutas programadas. Porén hai quen pensa que volver a normalidade pode ser cuestión aínda doutra semana.
Mentres tanto, as empresas aéreas están a facer probas de voos en avións sen pasaxeiros para intentar demostrar que as cancelacións xeralizadas son excesivas e que hai moitas rutas que poden facerse. Estas compañías están a presionar aos gobernos europeos para que se relaxen as restricións.