Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Miles de asistentes

Éxito total do 'concertazo contra o decretazo'

O festival organizado por Queremos Galego en Pontevedra contou coa entrega e a emoción do público na defensa da lingua.

Redacción - 14:17 18/04/2010
Vista dende o escenario do concerto / Óscar Martínez

Vista dende o escenario do concerto / Óscar Martínez

Máis de cinco mil persoas asistiron este sábado pola noite ao festival "Música contra o decretazo", convocado pola plataforma Queremos Galego. Dende última hora da tarde, os asistentes gozaron das actuacións de Zurrumalla, Fía na Roca, Fuxan os Ventos, Espido, García MC, RuxeRuxe, Uxía, Berrogüetto, Luar na Lubre, A Quenlla, Os Carunchos, Os Tres Trebóns e Lamatumbá, entre outros.

O acto, que tivo lugar no recinto feiral de Pontevedra, foi un berro colectivo ao dereito a vivir en galego e a escoitar música na nosa lingua. Un dos momentos máis emotivos da noite foi cando Xosé Lois "O Carrabouxo" entoou dende o escenario "Mamá, eu quero galego, quero escribilo, quero falalo, na rúa e no colexio", acendendo o ánimo do público.

O concerto estivo apoiado por diferentes organizacións culturais, políticas e sindicais, o que contribuíu, ademais do atractivo cartel, a atraer o masivo público ao 'concertazo'.

Nas redes sociais xa se comeza a comentar o éxito do festival, despois da 'resaca' do domingo pola mañá. Así, xa podemos ver algunhas fotografías, como as publicadas polo fotógrafo Óscar Martínez no seu Facebook.


4,95/5 (56 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartel do festival
Cartel do festival
Dende o fondo do recinto feiral intúese a cantidade de xente que o ateigou / Xosé Manuel Lage
Dende o fondo do recinto feiral intúese a cantidade de xente que o ateigou / Xosé Manuel Lage