Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Nova proposta discográfica

Azos, brinde polo jazz vencellado a Galiza

O cuarteto do porriñés Álvaro Vieito, jazz con eclécticas achegas e aroma neoiorquino, inaugura a iniciativa.

Redacción - 10:30 18/04/2010

"Nace para apostar polos novos valores deste xénero no país e para dar conta das colaboracións artísticas entre jazzistas de calquera parte do mundo que teñan Galiza como lugar de encontro".

Así nos presentan o pianista Abe Rábade e o produtor Sergio Lago (Falcatruada) o bautizado proxecto AZOS, "un brinde polo jazz vencellado a Galiza". Segundo debullan, o concepto do jazz implica necesariamente a idea de mente aberta ás influenzas, procedencias e destinos da música e dos músicos: "AZOS quere ser unha fiestra sen límites ao mundo desde unha óptica galega".

'Introducing Álvaro Vieito'
O guitarrista e compositor galego Álvaro Vieito, o saxo xaponés Masahiro Yamamoto, o estadounidense Ross Gallagher ao contrabaixo, e o tamén galego Max Gómez á batería compoñen o cuarteto ao que lle dá nome o propio Vieito. E do propio proceso de formación de todos eles xorde esta iniciativa: Álvaro e Max coinciden en Compostela no 'Estudio-Escola' e cando o primeiro deles chimpa o Atlántico para estudar na New School University coñece a Masahiro e Ross. Aló comezan a argallar cousas. Unha colaboración conxunta que dá froito agora neste primeiro disco. Son oito pezas, en dúas das cales a proposta conta coa achega engadida do piano de Ábe Rábade. O traballo abrangue influenza do folk ao rock pasando polo pop pasado pola peneira da tradición do jazz americano.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: