Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Experiencia de vídeo en liña

A creatividade audiovisual galega rabuña premio en Cannes

O proxecto da empresa A Navalla Suíza sobre realidade aumentada nos filmes foi escollido polo National Firm Board de Canadá.

Redacción - 11:02 15/04/2010
Cid e Yáñez posan co premio en Cannes / María Yáñez

Cid e Yáñez posan co premio en Cannes / María Yáñez

O proxecto 'Canadian Augmented Films', presentado pola empresa galega A Navalla Suíza, venceu este mércores o premio á mellor experiencia de vídeo en liña de nova xeración no mercado internacional do audiovisual MIPTV, que ten lugar en Cannes. A distinción forma parte do certame Content 360º.

María Yáñez e Xabier Cid acudiron ao festival en representación da empresa. A aplicación seleccionada polo National Film Board do Canadá pretende levar a realidade aumentada e o xeoposicionamento á experiencia do consumo cinematográfico. Deste xeito, Canadian Augmented Films ofrece información sobre os filmes que se rodaron nos lugares en que se atope o usuario, de xeito que se cree unha implicación emocional co material audiovisual e que, ao tempo, se poidan conseguir novos espectadores.

A Navalla Suíza foi seleccionada fronte ás outras candidaturas, unha británica e a outra estadounidense, despois da presentación pública que fixeron cada un dos tres finalistas e da deliberación do xurado. Agora, a empresa galega asinará un contrato co organismo canadense para levar a cabo o seu proxecto.


5/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: