O certame estrea sede no concello do Rosal, co que as representacións terán lugar en tres concellos do Baixo Miño.
A finais de abril arranca a cuarta edición da mostra de teatro do Miño. Organizado pola Asociación Cultural Feixó de Araúxo, coa colaboración da Xunta, o certame está aberto a compañías non profesionais de Galiza e de Portugal. Trátase dun dos poucos eventos culturais do país que se organiza simultaneamente en tres concellos: A Guarda, Tomiño e O Rosal, que se suma este ano.
Nesta edición presentáronse 36 obras, das que 26 son galegas e o resto, portuguesas. O xurado da mostra terá que escoller as seis pezas ás que se poderá asistir entre o 23 e o 25 de abril. En cada concello representaranse dúas montaxes.
Xa está dispoñíbel no YouTube un tráiler deste cuarto festival.