Xa chegara á final os dous últimos anos e neste 2010 deu á fin o chimpo ao chanzo alto do podio, logo dunha espectacular remontada na final en Valencia.
Eliminou en oitavos a Merceders Feriche (3-0), en cuartos a Margarita Navarro (3-0), nas semifinais a Chantal Moros e na final á áte o de agora máxima dominadora do squash feminino no Estado Español, a valenciá Margaux Moros. Na propia terra da contrincante, en Paterna (Valencia), a viguesa Xisela Aranda deu conta de Moros nun tenso partido onde a clave estivo no primeiro set, onde foi quen de superar un marcador en contra de 8-10.
De aí para adiante, conta Xisela (nada en Vigo en 1986) que se deu conta de que a comodidade coa que estaba xogando tiña que facerse valer á hora de puntuar. Así, e se hai un mes Margaux fora quen aínda de vencela na Copa Xixón, cun axustado 2-3, desta vez a viguesa conseguiu a fin a vitoria que se lle resistira nos campionatos de 2008, que perdera en ambas as dúas ocasións diante da catalá Elisabeth Sadó. A boa forma da viguesa convértea agora na líder da selección estatal que en dúas semanas viaxa a Francia para o Campionato de Europa da especialidade.
Tamén destaque no apartado masculino
Por outro lado, hai que destacar tamén a participación de Hugo Varela na categoría masculina. O tamén olívico Varela, xogador do mesmo clube que Aranda, o Vigo Squash, conseguiu un cuarto lugar que confirma o seu excepcional momento de forma. Deste xeito, tamén terá oco nos europeos malia non ter aínda licenza profesional na especialidade. Lembrámoslles que o número un da especialidade é o compostelán Borja Golán, malia que non puido disputar o campionato por estar aínda en recuperación dunha lesión de xeonllo.