Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Borrador da CMT

Os concellos poderán ofrecer Wi-Fi de balde... se non pasa de 256 K

A comisión non permitía até agora internet pública e gratuíta por considerala competencia desleal aos operadores privados.

Redacción - 13:38 12/04/2010

Por primeira vez, a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) admite a posibilidade de que as administracións públicas ofrezan conexión á internet sen fíos de balde. Un anteproxecto de circular emitido pola CMT recoñece o dereito das administracións a explotar unha rede de comunicacións. O atranco: que a velocidade máxima deberá ser de 256 Kbps, para non interferir coa libre competencia.

A CMT considera que o límite de velocidade non substitúe unha conexión fixa ou móbil e serve unicamente como servizo complementario, polo que as empresas de telecomunicacións non poden alegar competencia desleal. Deste xeito, autorízase de feito que poidan existir redes Wi-Fi públicas de balde, aínda que cunha velocidade limitada, despois de varios contenciosos entre a CMT e diversos concellos.

Tamén determina que non lle afectan á competencia conexións que só permitan acceder de xeito limitado ás páxinas web das administracións públicas e as que presten servizo en bibliotecas e centros de fomento de actividades docentes ou educativo-culturais, sempre que as persoas que accedan ao servizo acrediten a súa pertenza ao centro mediante un documento identificativo.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: