Repasamos algunhas das ofertas musicais dos vindeiros días, entre as que salienta Luar da Lubre, que presenta novos temas na Coruña.
Os integrantes de Luar na Lubre
Esta fin de semana primaveral preséntase cunha explosión de concertos en diferentes locais do país. Ábrese o venres con case unha ducia de citas. Luar na Lubre fará un adianto exclusivo de temas do seu próximo disco na Coruña. A cita será ás nove da noite no Coliseum. Na mesma cidade, Le Club trae a La Taberna de Moe e a Boa Yunta.
En Compostela a cita é dobre: na sala Capitol actuará Reverend Horton Heat, mentres que na Krooner estarán Viernes 504, Pániko en las Calles e Dj Digro. En Vilagarcía de Arousa, á Samá Samá chegarán Jugoplastika, e en Tui estarán Monchos, no Chiringo Choróns.
A axenda de Vigo intégrana Amenaza de Muerte e Shodo, no Bar de Juan, mentres que na Clandestino de Nigrán actuarán Stereotipos. No Bar Liceum do Porriño estarán Maryland, e Jackelberrys no JJ Copas de Ponteareas. Josele Santiago e Pablo Novoa tocan este venres na pontevedresa Sala Karma.
Para o sábado, salientamos que Triángulo de Amor Bizarro estará ás 0:30 horas na Sala 600, de Melide. The Homens irán a Cangas, á Sala Son, a presentar o seu novo disco. Na mesma vila do Morrazo, na Sister Ray, actúan Arizona Baby. Skacha ambientará o Café Cultural Auriense, en Ourense, mentres que a cita en La Pecera de Vigo é con Coll & Costa.
A rapeira viguesa Aíd irá este sábado á Sala Karma de Pontevedra. En Lugo, dobre oferta: Stereotipos en Doble Moral e Aló Django na sala Clavicémbalo. Agoraphobia toca no Run Rum de Ferrol e Rey Mugre nas Pontes. En Compostela, na Capitol estarán Pülsar e Standstill.
Completan a axenda da fin de semana The Muggs, o domingo dende Detroit á Fábrica de Chocolate de Vigo, Josele Santiago e Pablo Novoa, na Sala Nasa de Compostela, e El Cubo e Pülsar, coa tradicional cita dominical da Sala Aturuxo de Bueu.