Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
“AGORA É A TÚA VEZ”

En Angola, as escolas tamén teñen forma de camión

As autoridades educativas levan a formación profesional a diferentes provincias do país en aulas móbiles.

Redacción - 10:05 03/04/2010
Tags: Angola escola

O goberno de Angola está a demostrar que se hai ganas nada impide levar as aulas a calquera punto do país.  Instituto Nacional de Formação Profissional despraza camións-escola dentro dun proxecto que leva por nome “Agora é a tua vez”.

Así nesta primeira fase 40 mulleres adultas e 78 mozos e mozas están recibindo clases de artesanía, mecánica e comercio. Os camións gobernamentais dispoñen de auga, maquinaria de artesanía e toda clase de ferramentas para impartir os módulos.

Para este curso, as autoridades educativas agardan que esta iniciativa sirva para formar un total de 812 persoas. Entre outros oficios, os mestres ensinan canteiría, carpintaría, electricidade, informática ou frío.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: