O Museo do Pobo Galego acolle unha mostra da obra do fotógrafo de 50 anos que finou prematuramente en 2007.
Unha imaxe da mostra
Dende o 31 de marzo e até o 25 de abril o Museo do Pobo Galego presenta a reposición da mostra antolóxica do fotógrafo Xenaro Martínez Castro. A exposición tivo unha primeira edición en 2008, un ano despois do pasamento do autor, cando contaba con só 50 anos de idade
A selección de obras céntrase no patrimonio, a arte a paisaxa, cunha parada especial no conxunto monumental de Compostela. Eis unha boa oportunidade de coñecer máis de perto a ollada deste autor.
Horario: martes a sábado, 10:00-14:00 e 16:00-20:00h
domingos e festivos, 11:00-14:00h