O científico de 90 anos que desenvolveu a teoría de Gaia oponse á enerxía eólica porque "se demostrou que os aeroxeneradores non funcionan" e avoga pola nuclear.
James Lovelock, na BBC
Nunha entrevista na canle pública británica BBC, o científico de 90 anos James Lovelock asegura que "xa é tarde" para tentar salvar o Planeta. Famoso mundialmente por desenvolver a teoría de Gaia ("A Terra é un único organismo vivo"), Lovelock di que a única esperanza é que sexa o propio Planeta que "coide de si mesmo". "Goza da vida mentres poidas", aconsella neste senso.
Ademais, desculpa a humanidade de ter "apertado o gatillo" ao respecto do quecemento global, coa construción das civilizacións, xa que esta ignoraba as consecuencias. Considera, tamén, errados os modelos de predición climática ante o cambio climático, xa que tal e como se puido ver durante este frío inverno as temperaturas varían "bruscamente e a saltos".