Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"Asubiador de Durex"

Un fallo de programación deixa á vista datos persoais de compradores de condóns na India

A compañía demandou o usuario que descubriu o fallo, acusándoo de descargar información privada.

Redacción - 09:00 30/03/2010

Unha filtración de datos persoais dunha web que vende condóns na India causou un enfrontamento xudicial no país asiático. Un cliente decatouse de que con só mudar os números de identificación no enderezo electrónico da páxina -kohinoorpassion.com- podíase acceder aos nomes, enderezo, número de contacto e detalles do pedido doutras persoas, aínda que non ao número do cartón de crédito.

A persoa, que se identificou co pseudónimo de "Asubiador de Durex", en referencia á marca de condóns que comercializa a tenda india, descubriu que os pedidos encargados dende febreiro de 2009 até o 5 de marzo deste ano quedaron expostos por mor dunha programación insegura.

Despois do aviso, a empresa vendedora corrixiu o fallo, non sen antes denunciar o "Asubiador" por descargar datos privados doutros clientes. Como resposta, o autor do descubrimento destapou os feitos nun blog. Mentres, a tenda india de Durex publicou na súa portada unha mensaxe de desculpa, na que recoñece que "datos limitados de transaccións puideron ser accesíbeis durante un período de tempo restrinxido".


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: