A Irmandiña imponse en Guitiriz ao combinado do país africano. Este luns volveranse enfrontar noutro amigábel en Burela.
A Selección Nacional de Fútbol Sala impúxose por cinco goles a catro ao combinado de Libia no partido disputado esta cuarta feira nun ateigado pavillón municipal de deportes de Guitiriz.
A equipa do país africano, que adestra o ferrolán Pablo Prieto, está de xira estes días polo noso país. Actualmente está concentrada en Vilalba á espera do encontro que volverá xogar coa Irmandiña o vindeiro luns en Burela a partir das 21.00 horas.
Este partido, ao igual que o de Guitiriz, é de carácter benéfico. A recadación (o prezo das entradas é de 3 euros para os maiores de 16 anos) será destinada aos damnificados no terremoto de Haití.
Ficha técnica:
LIBIA: Fatah, Hamdi, Rahoma, Yousef, Suleiman - Quinteto (Tamén participaron: Suleiman, Haimen).
GALIZA: Iago, Litos, Socastro, Iván, Xacobe - Quinteto (Tamén participaron: Edu, Alex, Antucho, Kini, Héctor, Martín).ESPECTADORES: Cheo total no pavillón municipal de Guitiriz
GOLES:
0-1 - min 6 - Socastro
0-2 - min 12 - Edu
1-2 - min 13 - Sami
1-3 - min 15 - Xacobe
2-3 - min 16 - Handi
Descanso con resultado favorábel a Galiza por 2-3
3-3 - min 25 - Rahoma
3-4 - min 31 - Iván
3-5 - min 36 - Edu
4-5 - min 38 - Handi