Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Primeira multa no Estado por facer "spam"

A primeira multa no Estado por facer "spam" (correo electrónico non desexado) caeulle á empresa AWS Informática Aplicada e suporalle exactamente 10.000.001 pesetas. O seu director insistiu en enviar un correo a un particular malia que este xa lle advertira de que non desexaba recibir as súas mensaxes. Así que este denunciouno á Axencia de Protección de Datos en virtude da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal que entrou en vigor o pasado 14 de xaneiro. Trátase, xa que logo, dunha falta grave por tratamento de datos persoais sen consentemento do interesado.

- 10:21 11/04/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: