O documento céntrase na "diferente maneira de abordar a realidade plurinacional no Reino Unido e en España".
Anxo Quintana preside o IGEA
O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) acaba de publicar Escocia e Galicia, unha análise comparativa, un documento elaborado por Antonio Carlos Pereira Menaut, doutor en Dereito e profesor titular de Dereito Constitucional da USC.
O traballo "toma como base a conferencia impartida polo autor o pasado 25 de novembro na Coruña", e "confórmase como unha análise comparativa do autogoberno galego e escocés", onde "se estuda a realidade xurídico-constitucional escocesa, así como o seu grao de competencias", informan desde o IGEA.
Ademais, engaden desde o instituto que preside Anxo Quintana, "somete a contraste ditos aspectos coa realidade xurídico-constitucional española e o nivel de autogoberno galego", con "referencias á diferente maneira de abordar a realidade plurinacional no Reino Unido e en España".