Á espera do PuntoGal xa hai unha alternativa que “soa a GaLego”, comentan desde a empresa galega Dinahosting, que vén de facerse rexistradora oficial.
Con pouco máis de 50 mil veciños, Grenlandia, a terra dos grenlandeses, territorio de propiedade dinamarquesa aló pola contorna ártica do Atlántico, ten asignado na internet o dominio .gl. Até o de agora, só unha pequena presa de espazos na rede estaban acollidos ao .gl.
Xa que logo, a liberación do dominio decidida pola entidade rexistradora, ao xeito dos casos famosos da illa de Tuvalu (que tiña outorgado o .tv) ou Montenegro (co .me), ten neste caso un impacto especial para Galiza. “As GaLegas e os GaLegos xa temos o .GL para dicilo ben alto e con acento pechado... e compartilo co pobo groenlandés, unha comunidade de 57 mil habitantes á beira do Atlántico”, convidan desde a empresa galega DinaHosting.
Con esa fin inician unha campaña de difusión, Novos tempos para o dominio .gl, e ofertan o alugueiro de espazos abaixo do .gl por 37 euros ao ano.