Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na localidade do Milladoiro, en Ames

Medio milleiro de persoas na carreira solidaria a prol de Haití

Éxito de participación no evento organizado polo clube MillaRaio coa colaboración da Federación Galega de Atletismo.

Redacción - 11:30 15/03/2010

Arredor de medio milleiro de corredores participaron nas diversas categorías da I Carreira/Andaina Solidaria, organizada no Concello de Ames polo clube de atletismo MillaRaio. Mesmo na categoría dos cativos de prebenxamín houbo que desdobrar a carreira en dúas debido ao alto número de rapaces inscritos.

A recadación foi de algo máis de 1.500 euros, que axudarán ao financiamento de proxectos de reconstrución en Haití. Ao evento apuntáronse tamén representantes políticos das tres formacións con representación municipal, PSdeG, BNG e PPdeG, e entre eles o rexedor socialista Carlos Fernández. Como padriño da carreita exerceu o atleta de elite Pedro Nimo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: