A convocatoria, encabezada por Queremos Galego, prodúcese arredor do lugar en que se presenta o texto este sábado.
Imaxe da concentración / Facebook BNG Compostela
Centos de persoas concentráronse diante do complexo administrativo da Xunta de Galicia, en San Caetano, para manifestar a súa oposición ao decreto da lingua no ensino que prevé presentar este sábado o conselleiro de Educación.
Os participantes na convocatoria, encabezada por faixas da plataforma Queremos Galego, co lema "Paremos o decretazo contra o galego", deron voltas arredor do complexo en sinal de protesta pola retirada do anterior decreto.