Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Produtos vetados na UE

Deputados canadenses comerán carne de foca en solidariedade cos cazadores

O xantar será esta cuarta feira nun restaurante do Parlamento e incluirá entrantes e tres pratos elaborados a partir deste animal.

Redacción - 09:30 10/03/2010
A UE vetou os produtos de foca

A UE vetou os produtos de foca

Parlamentarios canadenses xantarán esta cuarta feira carne de foca para se solidarizaren cos cazadores afectados pola prohibición de exportar produtos derivados deste animal á UE, segundo informan as axencias internacionais. A comida será nun restaurante da Cámara e incluirá entrantes e tres pratos.

Segundo a senadora Celine Hervieux-Payette, a ese banquete "histórico" asistirán representantes de todas as formacións para "demostrar á comunidade internacional a solidariedade do parlamento de Canadá cos que gañan a vida coa caza das focas".

En 2009 outro restaurante do Parliament Hill/Colline du Parlement comezou a ofrecer carne de foca nos seus menús como mostra de apoio á causa dos cazadores canadenses. Ese xesto espertou as críticas de Europa, mais ao tempo aumentou a venda da carne de focas a restaurantes especializados.

Veto da UE

A UE impuxo a prohibición de importar produtos derivados de foca o pasado 16 de setembro de 2009, medida que está previsto que entre en vigor o vindeiro 20 de agosto. Anualmente no mundo mátanse 900 mil focas, un terzo destas en Canadá. Noruega autoriza matar 30 mil ao ano.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: