A desiguladade entre clases sociais apenas ten decrecido nos últimos 15 anos en Portugal
Portugal segue a ser un dos estados da Unión Europea con maiores diferenzas sociais. A desigualdade na distribución da riqueza apenas ten variado respecto a 1997, como informa o diario luso Público nunha súa reportaxe. O texto subliña que Portugal, canda Bulgaria, Romanía e Letonia é un dos países onde se notan máis as fendas sociais.
Pero, cales son as causas? Os economistas citados polo xornal lisboeta salientan que as fortes desigualdades salariais son o principal motivo desta situación. Os altos soldos dos directivos (homologábeis en moitos casos á media europea) contrastan cos salario medio da masa traballadora, que non chega aos mil euros mensuais brutos