Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ás portas do Día da Muller Traballadora

O BNG tamén censura o retroceso nas políticas de Igualdade

A deputada nacionalista Ana Pontón censura o anteproxecto de lei que suprime o Servizo Galego de Igualdade.

Redacción - 17:45 05/03/2010

O nomeamento dun Consello da Xunta que non é paritario, o apoio expreso e económico a asociacións antiabortistas, a supresión de 70 puntos de información para as mulleres nos concellos, o desmantelamento das políticas afectivo-sexuais impulsadas a través dos centros Quérote... Foron algunhas das decisións do actual Goberno censuradas este venres por Ana Pontón. A deputada do BNG esixiu en sede parlamentaria a retirada do anteproxecto de lei elaborado pola Xunta para a supresión do Servizo Galego de Igualdade (SGI). "Non contará co apoio das forzas políticas nin das asociacións feministas", expuxo.

A deputada do Bloque inseriu esa decisión no marco do "retroceso" nas políticas a prol da igualdade. Un recorte que, advertiu, "empeorou" gravemente as actuais condicións. Reprochoulle Pontón á Xunta que o PP non despregou ningunha medida encamiñada á prevención da violencia de xénero e que o SGI nin sequera actualiza os datos, xa que a día de hoxe permanece en liña a estatística de 2008. "O SGI é garantía de estabilidade para as políticas de igualdade e a súa supresión non contará con apoio social", insistiu Pontón, denunciando que as políticas de igualdade paguen os recortes orzamentarios decididos polo PP.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: