Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOMEAMENTO

O goberno balear pon á fronte da súa política laboral un mozo santiagués

Iago Negueruela Vázquez, de 29 anos, é dende hai tres semanas o novo director xeral de Traballo do excutivo autonómico.

Redacción - 12:05 05/03/2010

A principios de febreiro o presidente de Baleares, Francesc Antich, designou novo conselleiro de Traballo e Formación ao socialista Pere Aguiló. Poucos días despois, Aguiló nomeaba director xeral de Traballo (cargo que el ocupaba até aquel momento) a un mozo descoñecido na política balear: o galego Iago Negueruela Vázquez.

O novo director xeral, de 29 anos de idade, nado en Santiago, aterrou nas illas en xaneiro de 2009 logo de aprobar unha praza de inspector de traballo. Durante os últimos meses traballou man a man coa Consellaría de Traballo e Formación para a resolución de numerosos ERE.  Iago Negueruela, licenciouse en Dereito pola Universidade de Compostela, e, segundo resalta o propio gabinete de comunicación do goberno balear, non milita en ningún partido político.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: