Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
107,4 millóns de euros

O Concello de Ourense aproba o maior orzamento da súa historia

PSdeG e BNG votaron a favor, e o PPdeG en contra. No debate os grupos lanzáronse críticas de división mutuas.

Redacción - 11:00 26/02/2010
Casa do Concello de Ourense

Casa do Concello de Ourense

O PSdeG e BNG sacaron adiante cos seus votos o orzamento do Concello de Ourense previsto para este ano 2010, que ascende a 107,4 millóns de euros, o máis elevado da súa historia, nun pleno extraordinario que se desenvolveu esta quinta feira.

A sesión contou, por un lado, coa defensa por parte de socialistas e nacionalistas de que as cifras deste ano sitúan Ourense como a "terceira cidade de Galiza" e "no lugar que lle corresponde", ademais de que "non soben a presión fiscal" e contan cun "escaso nivel de endebedamento".

Pola súa banda, os 'populares' centraron as súas críticas en que os números corresponden aos presupostos "máis malgastadores" da democracia e que ten "buratos" -dixeron- como "acontece no Goberno central".

O edil de Economía e Facenda, Agustín Fernández (PSdeG), destacou que se "incrementa o investimento nun 50%", e que teñen un "escaso nivel de endebedamento" nun "marco de actuación económico moi complicado para todos" con "caída dos ingresos correntes e cunha importante conxelación da presión fiscal".

Na súa intervención, o tenente de alcalde, Andrés García Mata (BNG), sinalou que Ourense "recupera o pulso e agora se atopa con velocidade de cruceiro na categoría que lle corresponde" logo dunha "parada cardiorrespiratoria". Ademais, felicitou o edil de Facenda pola elaboración dos orzamentos.

Porén, o concelleiro do PPdeG Francisco Xavier Rodríguez Nóvoa criticou o orzamento do bipartito por ser "moi caro" e apuntou que "son uns malgastadores" porque "soben os impostos, nos enchen de débeda e gastan o diñeiro de todos".

"División"

O debate do pleno foi utilizado para falar de división. Fernández sacou unha fotografía do Congreso do PP provincial "onde se ve unha alcaldesa do PP apupando e berrándolle a Jiménez Morán".

Rodríguez Nóvoa destacou que foi "un congreso democrático" onde "máis de 1.200 compromisarios votaron". "Temos un presidente con máis do 60% dos votos dos compromisarios", sostivo, e apuntou a suposta división entre os socios de goberno no Concello de Ourense.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: