Para o líder do PPdeG o xesto insultante do ex presidente español ten “antecendentes gregos e romanos”
Polémico xesto de Aznar
A semana pasada, incomodado por unhas protestas estudantís en Oviedo, o ex presidente do goberno español José María Aznar non dubidou en sacar o dedo índice. Este luns o presidente galego solidarizouse co seu compañeiro de filas e afirmou que son admisíbeis xestos coma este porque Aznar xa saíu da política. Feijoo escudouse “nos antecedentes gregos e romanos”. Así subliñou con retranca que “é un xesto admitido en civilizacións que foron berce de coñecementos, como Roma ou Grecia”.
Feijoo sostén que a noticia non debería ser o xesto insultante de Aznar senón o feito de que o grupo de estudantes lle tivesen chamado “terrorista e fascista”. Para o presidente galego “que pase o contrario debería facernos pensar moitas cousas, porque igual temos algún problema intelectual”.