Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito político

O envío de tropas a Afganistán racha o goberno dos Países Baixos

A coalición de democristiáns e socialdemócratas non resistiu o desacordo sobre a permanencia das tropas neerlandesas en Afanistán máis aló de 2010.

Redacción - 09:30 20/02/2010
Países Baixos / Imaxe: Galipedia

Países Baixos / Imaxe: Galipedia

Non era o único conflito aberto entre as dúas grandes forzas políticas neerlandesas que sosteñen o goberno, pero si aparece como a pinga que fixo o vaso reverter. A petición da OTAN aos Países Baixos para o incremento das tropas en Afganistán acabou facendo imposíbel o entendemento entre os dous pés da coalición.

A OTAN propuxéralle ao executivo neerlandés que os 2 milleiros de soldados que mantén despregados naquel país permanecesen durante máis tempo. Diante desta situación, os democristiáns amosáronse favorábeis a que, senón todos, si un grupo dese destacamento, estivese en Afganistán máis aló de agosto de 2010, que era a data fixada para a retirada completa. A decisión era rexeitada polos socialdemócratas, recordando a promesa aos cidadáns de que todas as tropas deixarían Afganistán.

Finalmente, na madrugada do venres cara ao sábado, os democristiáns (CDA) do primeiro ministro Jan Peter Balkenende e o Partido Socialdemócrata do viceprimeiro ministro Wouter Bos, acordaron rachar o acordo de goberno, segundo este sábado se fai eco a prensa neerlandesa.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: