Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PERIGOS DAS REDES SOCIAIS

"Róubame, por favor", ou como aproveitar a web 2.0 para cometer delitos

Programadores neerlandeses crean unha páxina que informa das persoas que avisan, sen pensalo, cando deixan a casa baleira.

Redacción - 12:00 19/02/2010

Un grupo de programadores neerlandeses demostraron que a información que publicamos na internet pode ser utilizada polos delincuentes. Así, crearon a páxina PleaseRobMe (róubame, por favor), onde se dan a coñecer as persoas que deixaron a casa baleira.

O servizo recolle a información de usuarios de Twitter que comparten automaticamente a información doutra rede social, Foursquare, baseada na xeolocalización. Segundo lle explicou á BBC un dos deseñadores, Boy Van Amstel, "todo comezou cando un amigo e mais eu empezamos a ver o que os chegaba polo Twitter e nos decatamos de que cada vez hai máis mensaxes de Foursquare".

Os creadores da web, Van Amstel, Frank Groeneveld e Barry Borsboom, decatáronse de que moita xente, ao compartir información sobre a súa situación e a dos seus amigos, tamén lle dicía a todo o mundo cando estaba fóra da casa. Así que, en poucas horas, puxeron en marcha a páxina.

Van Amstel di que tecnicamente é moi sinxela: "basicamente é unha busca en Twitter. Calquera que saiba usar HTML e javascript pode facelo. É tan fácil que case dá risa". Engadiu que seguirá en funcionamento, aínda que o seu obxectivo non é fomentar o delito.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: