A web do Centro Espanhol de Santos promociona cursos de lingua castelá e flamenco entre bandeiras 'rojigualdas'
Unha das imaxes promocionais da web
Grazas ao Tumblr de Lume descubrimos a web do Centro Espanhol de Santos (Brasil), que amosa o logotipo da Xunta de Galicia, da que recibiu axudas. Mais parece promover máis ben a cultura española, especialmente a máis tópica, entre a cidadanía do país americano.
Xa de entrada, a páxina recíbenos cun rechamante deseño de cores vermella e amarela co expresivo lema de "Viva esta alegria!" e actividades como "Cursos de espanhol", ou de baile flamenco. Se nos mergullamos na web, descubriremos a existencia do seu grupo de baile, nun principio chamado Semente Nova e despois reconvertido a Caminos de España, acompañado da banda de gaitas Lostregada.
Aínda que non oferta cursos de galego e si de castelán, permite escoller entre bailes do país ou flamenco, ademais de ofrecer a posibilidade de asistir a aulas de gaita de fol.