Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Certame musical do Correlingua

Catorce grupos aspiran a amenizar o maio de Cantalingua

"A forza da palabra", de Zënzar, ou "Sen medo", de Labazada, entre as pezas participantes. Os tres gañadores acompañarán as actividades dos cativos no Mes das Letras.

Redacción - 11:55 17/02/2010

Van apenas tres semanas desde que botou a andar o certame Cantalingua e son xa 14 os temas recibidos. Recordámoslles que se trata dunha iniciativa impulsada polo Correlingua, a actividade a prol do idioma anualmente organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo.

Á tradicional carreira, desta volta acompañarana unha serie de 11 concertos a celebrar entre os días 3 e 14 de maio, seguindo o percorrido do Correlingua. Aló estarán os tres grupos gañadores do concurso. O primeiro clasificado tocará 5 concertos, o segundo, 3, e o terceiro 2 e, segundo explican os organizadores, todos os concertos serán pola mañá, durarán media hora e deben ser integramente en galego. De momento hai achegas de Festicultores, Sacha na Horta, Zënzar, García, Kastomä, Labazada, Pito de Pikasso, Alféizar, Mordecáns, Hugo Torreiro, Esquíos, Molondros, Intercoles e Folkgazais.

Poden participar grupos ou solistas de calquera estilo musical que envíen unha canción orixinal en galego, con tema libre, en formato MP3, e baixo licenza Creative Commons, a correlingua@correlingua.org, antes do 10 de abril. As cancións iranse subindo ás webs Correlingua.org e Komunikando.net para seren escoitadas, votadas e comentadas. Os gañadores serán escollidos por medio dun sistema mixto, entre a votación popular a través da rede e un xurado integrado por persoas relacionadas co mundo da música. O resultado coñecerase o 15 de abril.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: