Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pediu desculpas nun comunicado

Soldados da OTAN matan "por erro" outra ducia de civís en Afganistán

A coalición militar que lidera EUA lanzou o sábado no sur do país a maior ofensiva contra a resistencia desde 2001.

Redacción - 10:00 15/02/2010

Polo menos 12 civís foron abatidos o domingo "por erro" na provincia de Helmand, sur de Afganistán, por soldados que participan na ofensiva a grande escala contra a resistencia na zona, informou a Forza de Asistencia á Seguridade da OTAN (ISAF, nas súas siglas en inglés).

"Dous proxectís lanzados contra insurxentes polas forzas afgás e da ISAF impactaron a aproximadamente 300 metros do seu obxectivo, matando 12 civís no distrito de Nad Ali, na provincia de Helmand", sinalou a OTAN nun comunicado.

O comandante da ISAF Stanley McChrystal desculpouse polo ocorrido co presidente afgán, Hamid Karzai, que o sábado reclamara "absoluta prudencia" ás tropas da OTAN para evitar vítimas civís, informan as axencias internacionais.

Un total de 15 mil soldados afgáns, estadounidenses, británicos e doutros países da OTAN lanzaron o sábado no sur de Afganistán a maior ofensiva contra a resistencia desde a invasión do país en 2001.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: