Os 70 locais onde se deu a coñecer o libro promovido por Prolingua quedaron curtos de espazo. A rede está a reflectir as reaccións.
A presentación de Vigo púidose seguir ao vivo na rede
A presentación de 55 mentiras sobre a lingua galega, promovido pola asociación Prolingua, foi cualificada como un éxito polos seus organizadores. Máis de cinco mil persoas asistiron aos 69 actos que tiveron lugar a primeira hora da noite do venres en diferentes lugares do mundo. A xente ateigou os locais e debateu arredor das falacias que seguen a tentar impedir a normalización da lingua.
Na internet, os participantes nos actos informan do que aconteceu, tanto a través de blogs como das redes sociais. De feito, o grupo de Prolingua no Facebook, con máis de 2.400 seareiros, converteuse nun punto de encontro e, maioritariamente, de parabéns e de orgullo polo éxito das diferentes convocatorias.
Na web de Prolingua púidose ver ao vivo -e agora en diferido- a presentación que tivo lugar en Vigo, coa participación do autor do libro, Xosé Henrique Costas, e doutros dous membros da entidade, Manuel Bragado e Agustín Fernández Paz. Este foi un dos actos con máis asistentes, unhas 200 persoas.
Velaquí unha escolma de crónicas dalgunhas das presentacións de 55 mentiras sobre a lingua galega: