Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
STOP-MOTION

'O apóstolo' toma forma

A nova produción de animación galega, dirixida por Fernando Cortizo, presena o seu tráiler. Estrearase en xullo.

Redacción - 10:15 05/02/2010

Xa está dispoñíbel o tráiler d'O apóstolo, un filme de animación en 3D mediante a técnica de stop-motion dirixido por Fernando Cortizo e que se espera estrear no mes de xullo. O traballo de Artefacto producións conta a historia dun convicto fuxido da cadea, que trata de recuperar un botín escondido anos atrás nunha aldea.

Unha das peculiaridades do filme é que os seus protagonistas son bonecos que representan fielmente o aspecto dos actores que lles dan voz: Geraldine Chaplin, Carlos Blanco, Luís Tosar, Celso Bugallo, Paul Naschy, Manuel Manquiña e Xosé Manuel Olveira "Pico", entre outros.


3,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: