Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
En marzo na Coruña

ErosGalicia, agora tamén "para elas"

A segunda edición do salón pretende contrarrestar o case monopolio do público masculino neste tipo de certames.

Redacción - 11:20 06/02/2010

O salón erótico Eros Galicia, que terá lugar do 5 ao 7 de marzo na Coruña, pretende atraer máis mulleres na súa segunda edición. Así, ademais da presenza dos Beat Boys, que xa estiveran en ExpoCoruña no ano 2009, vai preparar espectáculos destinados ás mulleres, nun festival onde hai habitualmente maioría de público masculino.

Os organizadores do evento aseguran que máis de dúas mil espectadoras asistiron á actuación do grupo de 'boys'. Para esta segunda edición, contarán cun escenario "Só para elas", con humor, xoguetes eróticos, novidades do sector e "rapaces guapos". Participarán Luís Bersunses e Óscar Ferrani, de Amantis.net e Punto G Radio, que ofrecerán espectáculos, concursos e xogos sutís.

A "área da muller" de Eros Galicia estará acompañada da "aula de sedución": Romina Cartolari axudará as participantes a potenciar o seu poder sedutor nunhas clases de strip-tease. O público feminino tamén poderá coñecer de preto actores como o produtor galego Totó García ou os actores David Galant, Samuel Soler e o sueco Rob Diesel, entre outros.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: