Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Protección pendente

Mobilización a prol dun estatuto xurídico propio para as embarcacións tradicionais

Colectivos de todo o Estado unen voz en favor dunha emenda ao proxecto de Lei Xeral de Navegación Marítima.

Redacción - 12:00 02/02/2010

O mantemento da actividade económica e dos actuais postos de traballo vencellados aos estaleiros tradicionais así como a creación doutros novos que xeren novos empregos directos e indirectos é un dos argumentos expostos en prol dun estatuto xurídico propio que protexa as embarcacións históricas e tradicionais.

A lei está xustamente agora no treito de achega de emendas na comisión de Xustiza do Congreso e un conxunto de colectivos defensores do patrimonio aproveitar para pedir o amparo lexislativo para o sector. Insisten en que se trata dun sector emerxente "clave" no ámbito da cultura marítima e o seu potenciamento vai en favor do turismo cultural e o desenvolvemento do turismo mariñeiro. Expoñen que así se ten demostrado en xeografías costeiras de Francia, Países Baixos ou o Reino Unido. Subliñan o desafío da "conservación, protección e difusión do legado cultural marítimo, evitando así a perda irreparábel do saber da xente do mar e dos seus oficios artesanais".

A iniciativa está apoiada entre outros polo Museo do Mar de Galicia, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, o Museu Marítim de Barcelona e Xarxa de Museus Marítims de Catalunya, o Museo Arqueológico y Etnográfico Municipal de Xàbia (Alicante), e federacións de cultura e patrimonio marítimo de Andalucía e Cataluña, Euskadi, Baleares ou Canarias. Un feixe de colectivos que a nivel estatal leva anos mirando pola conservación e difusión do patrimonio e a cultura marítima.


Ligazóns

4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: