Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NORMALIZACIÓN LINGÚÏSTICA

Nova Escola Galega celebra cun libro os seus “25 anos na defensa do idioma”

O movemento de renovación pedagóxica publica tamén un boletín no que  fai unha comparativa entre a proposta de decreto de Feijoo e as normas anteriores.

Redacción - 10:30 30/01/2010
Tags:

Nova Escola Galega, que agrupa a máis de 400 docentes de todo o país, vai xa camiño dos 27 anos. E este 2010 vén cargado de estreas para a asociación. A primeira foi este mesmo venres coa inauguración dun novo local no número 18 da rúa San Clemente (Compostela). Aproveitando este acto, tamén se presentou o libro Nova Escola Galega e a Lingua (1983-2008). 25 anos na defensa do idioma. Un traballo colectivo que, aínda que elaborado vai xa para 11 meses, non saíu á luz pública até o de agora.

Na publicación, que foi presentada por Xosé Lasta, Mariló Candedo e Xosé Manuel Malheiro, participan con diferentes artigos María Pilar Freitas, Anxo Lorenzo, Carme Hermida, Henrique Monteagudo, Agustín Fernández Paz, Bieito Silva, Goretti Sanmartín, Xosé Manuel Sarille, Nel Vidal, Valentín García e César Martínez Yáñez. Tamén achegan colaboracións entidades como o Consello da Cultura, a AS-PG, CIG, CC.OO, STEG.

Mais Nova Escola tamén aproveitou para presentar unha análise crítica das bases que presentou o Goberno para a derrogación do anterior decreto. O colectivo fai un estudo comparativo, punto por punto, do decreto de 1995 (goberno Fraga); do aínda vixente (elaborado polo bipartito); e da proposta do executivo de Feijoo. O ilustrativo informe pode descargarse da súa páxina web en formato PDF.

O propio Xosé Lastra sumouse ás numerosas voces que lle piden ao Goberno que retire o decreto e volva ao consenso. Dende Nova Escola lembraron que no seu momento foran críticos coa normativa do bipartito porque consideraban que era, aínda sendo un paso adiante, era insuficiente para frear o forte proceso desgaleguizador que vive a sociedade.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: