Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Premios de poesía e de xornalismo

Lucía Novas e Óscar Iglesias reciben este sábado os 'Johán Carballeira'

A primeira é merecedora do galardón polo poemario 'Neve' e o segundo, pola reportaxe 'Para que serve ser galego?'.

Redacción - 10:00 30/01/2010

O Concello de Bueu entrega este sábado os premios Johán Carballeira de poesía e de xornalismo nunha cerimonia que terá lugar no consistorio a partir das 12.30 horas. Os galardoados deste ano son Lucía Novas e Óscar Iglesias.

A primeira, natural de Bueu (1979),  polo poemario Neve, "unha obra orixinal a partir de técnicas compositivas clásicas (acumulación, ausencia de verbos...) e a súa riqueza léxica na configuración dunha nova perspectiva da poesía paisaxística", segundo salientou o xurado.

E no apartado xornalístico, Iglesias (Ourense, 1975) foi distinguido pola reportaxe Para que serve ser galego?, publicada no diario El País o pasado 5 de xuño. Un traballo que, en palabras do xurado, "abre o debate aínda pendente sobre a identidade galega, ofrecendo unha visión nova e atrevida", que "non recorre aos vellos tópicos, baralla fontes documentais novas a través da opinión de diversos autores", e que "non resulta un texto recorrente en ningún momento".


5/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: