Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Aspiran a vender millóns de unidades do tareco

A relixión Apple axita outra vez o mercado: xa está aquí o iPad

Os da mazá sacaron á luz o seu novo dispositivo táctil, a ocupar oco entre os móbiles e os computadores portátiles.

Redacción - 19:20 27/01/2010
Tags: Apple iPad
Unha das primeiras imaxes do iPad / Engadget

Unha das primeiras imaxes do iPad / Engadget

A multinacional estadounidense Apple presentou este mércores o seu novo trebello, o iPad. Despois de moitos rumores, Steve Jobs deu a coñecer no Teatro Centro das Artes Yerba Buena de San Francisco o novo dispositivo, un 'tablet' cuxa función estaría a medio camiño entre un teléfono móbil intelixente e un computador portátil.

O tareco permitirá navegar por internet, enviar correos electrónicos, ver fotografías ou ler libros, entre outras cousas. Dispón dunha gran pantalla táctil que serve ademais de teclado, como unha sorte de iPhone de tamaño xigante.


3,4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: