"Un dos propiciadores do 23F chámase Juan Carlos de Borbón", dixo Anasagasti na Coruña o pasado decembro. Na rede xa o vídeo íntegro.
O político vasco Iñaki Anasagasti estivo na Coruña o pasado 3 de decembro para presentar o seu libro Unha monarquía protexida pola censura. Convidado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), Anasagasti impartiu unha conferencia na que cargou contra o "muro de silencio que rodea a Casa Real española".
"Non son unha especie de antimonárquico belixerante que está facendo unha campaña rabiosa e furiosa", explicou, "só conto as miñas experiencias porque a monarquía española baséase fundamentalmente nun conto chino de que a transición se fixo grazas á valentía de El-Rei Juan Carlos e que o 23F el-Rei nos salvou de que houbera un golpe de Estado". "Afortunadamente xa empezan a saír informacións que falan máis claramente de que un dos propiciadores do 23F chámase Juan Carlos de Borbón y Borbón", subliñou, "o que fixo el-Rei en primeiro lugar foi propiciar a caída de Adolfo Suárez, e un dos propiciadores de que o xeneral Armada pensara que podía ir á Zarzuela aquela noite é el-Rei".
Sobre estes e outros "tabús e inercias" protexidos por un amplo "muro de silencio", falou Iñaki Anasagasti. A súa intervención completa pode consultarse en catro vídeos dispoñíbeis na web do IGEA.