Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
EUFALO.TV

O galego protagoniza un documental colaborativo na rede

O novidoso proxecto recompila impresións arredor do idioma e está aberto a achegas de internautas.

Redacción - 18:50 26/01/2010

Este martes saíu á web EuFalo.TV, un documental colaborativo sobre a lingua contada polos seus falantes. O proxecto parte dun conxunto de producións en vídeo rodadas durante os últimos meses e distribuídas segundo as súas temáticas: vivencias persoais, temas concretos ou documentais sobre zonas concretas, como as áreas urbanas de Vigo ou da Coruña.

O carácter participativo da web fai que tamén estea aberta a recibir gravacións ou ideas de persoas anónimas que queiran compartir a súa experiencia arredor da lingua. En calquera caso, a intención dos seus creadores é que cada quen tire as súas propias conclusións. A web está desenvolvida mediante software libre e con licenzas copyleft, que permiten a difusión e reprodución dos vídeos sen restricións.

A idea de EuFalo.tv parte do equipo A navalla suíza, formado por María Yáñez, Óscar Otero, Álvaro Gómez, Berto Yáñez e Xabier Cid. A web contou co apoio de colaboradores como Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes, Mónica Ares e Matías Tarrío, entre outros.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: