Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O vindeiro 27 de febreiro

A delicada melancolía de Rodrigo Leão, próxima cita cos Sons da Diversidade

"A Mãe" é o novo traballo en solitario do que fora un dos fundadores de Madredeus. Proximamente presentarao en concerto no Auditorio de Galicia.

Redacción - 11:15 26/01/2010

"Músicas compostas en movemento, con diferentes xanelas sobre o mundo, o que me permitiu explorar diferentes emocións, diferentes ollares". Deste xeito explica o propio Rodrigo Leão o proceso de creación que o levou deica este novo disco, A Mãe, que el mesmo define como o seu traballo máis "introspectivo, nostálxico e melancólico". Alén dalgunha peza máis "alegre", confesa o músico portugués, trátase da súa creación máis "voltada cara a dentro".

A Mãe afonda, segundo debulla Leão, nunha maior participación da banda que acompaña o autor, Cinema Ensemble e a gravación contou coa colaboración da Sinfonieta de Lisboa. Fundador no seu momento de Madredeus e de Sétima Legião, Rodrigo Leão deixou posteriormente outros proxectos para centrarse na súa carreira individual, acumulando a día de hoxe oito álbums de grande éxito de público e crítica.

O próximo sábado 27 de febreiro haberá oportunidade de asistir ao seu intenso directo. Será ás 21horas no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. No espazo web de Compostela Cultura poden participar no sorteo de cinco entradas.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: