Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Igadi Paper Nº 28

Mudanza de rumbo en América Latina após as eleccións en Chile?

A dereita podería asentar e gañar espazos logo das presidenciais que están por vir: Colombia, en maio; Brasil, en outubro; e Perú e Arxentina, en 2011.

Redacción - 19:00 25/01/2010
Sebastián Piñera

Sebastián Piñera

"Os comicios presidenciais chilenos do pasado 17 de xaneiro, que certificaron o retorno da dereita ao poder logo 52 anos, abren un novo período electoral para América Latina entre 2010 e 2012, con posibilidades reais de variación do mapa político hemisférico".

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) realiza unha análise desta posíbel situación nunha nova entrega do Igadi Paper, o número 28º: América Latina tralas eleccións chilenas.

O empresario Sebastián Piñera, que "afronta unha nova etapa dentro da consolidada democracia chilena", sucederá a socialdemócrata Michelle Bachelet o próximo 11 de marzo, que se retira cuns niveis de popularidade que alcanzan o 80% de aceptación na sociedade chilena.

"O seu triunfo pode marcar unha nova tendencia electoral en América Latina, en especial en comparación co período 1999-2009, onde predominaron os gobernos de esquerda", consideran no Igadi. A dereita podería asentar e gañar espazos logo das presidenciais que están por vir: Colombia, en maio; Brasil, en outubro; e Perú e Arxentina, en 2011.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: