Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Terremoto e crise humanitaria en Haití

A cifra de mortos aumenta a 111.499

O goberno deu este sábado oficialmente por terminada a fase de procura de sobreviventes, que se saldou con 132 vítimas rescatadas con vida de entre os cascallos.

Redacción - 10:45 23/01/2010

Polo menos 111.499 persoas perderon a vida como consecuencia do terremoto de 7 graos na escala de Richter que devastou Haití o pasado 12 de xaneiro e a posterior crise humanitaria en que está sumida o país, segundo o último balance ofrecido este venres por Protección Civil da illa.

Segundo datos do ministerio do Interior haitiano citados por medios locais, máis de 193 mil persoas resultaron feridas polo sismo, unhas 11 mil vivendas quedaron destruídas e outras 32.321 víronse afectadas.

O departamento Oeste, onde se atopa a capital do país, Port-au-Prince, foi a rexión que rexistrou un maior número de vítimas, máis de 111 mil. A maior parte dos edificios gobernamentais derrubáronse, e perto dun millón de persoas ficaron sen fogar.

Ademais, o Goberno haitiano deu este sábado oficialmente por terminada a fase de rescate de sobreviventes do terremoto, que se saldou con 132 vítimas sacadas con vida de entre os cascallos, segundo confirmaron membros das Nacións Unidas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: