Os nacionalistas xulgan "positivo" o informe e subliñan que dá garantías para a alianza das entidades.
O voceiro de Economía do Grupo Parlamentario do BNG, Fernando Blanco, cualificou de "positiva" a 'due diligence' encargada pola Xunta á auditora KPMG, que ve "solvente" a fusión das caixas galegas, e avisou de que "agora xa non están en discusión" as garantías de futuro para unha alianza das dúas entidades.
Tras coñecer os primeiros datos da auditoría, o deputado nacionalista reafirmou a aposta da súa formación "claramente" a favor da fusión das caixas galegas, posto que iso garante que "a obra social" quede en Galiza e que os fondos se reinvistan no país, o que para o Bloque "é moi importante", agregou. A este respecto, recordou que hai manifestacións a favor dunha fusión con entidades foráneas a través dun SIP, algo que, advertiu, "incumpre claramente o acordo parlamentario", a través dunha proposición non de lei ratificada por unanimidade en pleno, e na que os grupos manifestáronse a favor de defender que os centros de decisión das caixas queden en Galiza.