Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Queixas á deputación ourensá

Cuatrilingüismo gaiteiro

A Escola de Gaitas da Deputación de Ourense edita un libro sobre a gaita de fol en Europa, en catro idiomas: alemán, francés, inglés e español.

Redacción - 13:00 19/01/2010

"Esta publicación non é máis que unha continuación do ataque á nosa cultura iniciado polos responsábeis da Deputación de Ourense coa creación da Escola de Gaitas e a Real Banda de Gaitas". Explícano así desde a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), reprochándolle á Escola Provincial de Gaitas da Deputación a edición recente dunha obra en catro idiomas (alemán, francés, inglés e español), esquecendo xa que logo o galego.

Trátase do voulme “La gaita. Imágenes para la historia de un instrumento popular europeo", da autoría de Fritz Schneider. Un estudo que inclúe máis de 150 imaxes sobre este instrumento que representan as culturas tradicionais de practicamente todos os países europeos. Cada iconografía acompáñase dun texto, e todos xuntos van construíndo unha pequena historia da gaita de fol en Europa. Para a AGG resulta inadmisíbel que unha publicación editada con cartos de todos os galegos a través dunha institución pública sexa escrita en catro idiomas agás o galego. "A aldraxe para a nosa cultura chega por veces a extremos desconcertantes dende determinados estamentos que atacan a liberdade cultural", expoñen desde a asociación ao respecto deste caso.


3,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Á esquerda, Fritz Schneider, á dereita, o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo
Á esquerda, Fritz Schneider, á dereita, o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo