Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ADIANTE GZ

Cultura en defensa do agro

Unhas xornadas reclaman a revalorización do papel que o agro desenvolve en Galiza e reivindica unha alternativa para os produtores e consumidores.

Redacción - 09:30 18/01/2010

Compostela e o agro. A mocidade e o campo. Estes dous binomios que acotío ofrecen unha difícil conciliación achegarán posturas esta semana grazas á organización dunhas xornadas nas que o activismo, a cultura e a música se porán ao servizo dun dos sectores que aínda segue sendo estratéxico no país. O colectivo Adiante coordinou este foro que se celebrará en diferentes instalacións da capital galega e que ofrecerá interesantes debates sobre as relacións comerciais co rural, sobre a apicultura tradicional, sobre o cabalo galego ou sobre a vertente literaria do noso agro, entre moitas outras manifestacións.

O obxectivo que se marca a organización é "que o debate sobre o agro galego recupere actualidade", así como "socializar e transmitir a necesidade dunha alternativa real para os produtores e consumidores do nos país". As charlas e conferencias deixarán paso a un gran concerto o próximo sábado 23 na Alameda de Compostela, no que tomarán parte Os Tres Trebóns, Sacha na Horta ou Machina.

Velaquí o amplo programa de actividades:

Luns 18. Cafetaría Airas Nunes.

20:30 horas.
Foro-Debate: "Por un consumo local e sostíbel" Apresentación da Asociación de Labregas/os Lentura e da cooperativa de consumo Eirado.
 
Martes 19. Bar A Casa das Crechas.

20:30 horas.
Palestra + Proxección: "Cabalos do Monte. Regreso ao Pura Raza Galego" pola Asociación Cabalo Galego - PRG.
 
Mércores 20. Bar As Dúas. Pr. da Oliveira.

20:30 horas.
Palestra + Proxección: "No interior do Cortizo. A apicultura tradicional hoxe" por Román Cid, Abelleiro de Celanova.
 
Xoves 21. Bar Garigolo.

20:30 horas
"Os Agros da República das Letras"
Palestra "Agro e literatura" de Darío Xohán Cabana.
Recital das Redes Escarlata.
Intervención Poético-Musical: "Agro na poesía popular" de Mini e Mero.

Venres 22. Alameda de Compostela.

16:30 horas
Open de Billarda da Liga Nacional de Billarda.
Xogos Populares.

20:30 horas.
Foliada na Defensa do Agro no interior da carpa.


Sábado 23. Alameda de Compostela.

10:00 horas.
Mercado pola Soberanía Alimentar do SLG.
Exposición da Escola de Cestería de Allariz durante todo o día.

12:30 horas.
SESIÓN VERMOUTH co LEO DE MATAMÁ. Música en directo.

14:00 horas.
Xantar Popular da producción local Lentura.

16:00 horas.
Obradoiro de Cestería impartido por Toño (Escola de Cestería de Allariz).


17:00 horas.
Mercado de Troca de Brinquedos, para crianzas de todas as idades, conducido por Eirado.

18:00 horas.
PALESTRA sobre AGRO E MOCIDADE con compañeiras/os do SLG.

19:00 horas.
PALESTRA sobre a SOBERANÍA ALIMENTAR, con compañeiras/os de Adiante e do SLG.

21:30 horas.
Concertos:
Sacha na Horta
Os Tres Trebóns
Machina


Ligazóns

4,2/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: