A substitución das especies autóctonas por especies foráneas supón unha grave ameaza dos ecosistemas, tanto pola perda de biodiversidade que isto supón, como pola alteración das fráxiles relacións existentes entre as comunidades animais e vexetais, que podería conducir á extinción das especies máis sensibles á alteración do seu hábitat.
O emprego de especies non autóctonas, ademáis, incumple a lexislación vixente, xa que:
- A Lei 9/2001 de 21 de agosto de Conservación da Natureza, no seu título II da Fauna e Flora recolle que "se adoptarán las medidas precisas para regular a introducción e proliferación incontrolada no medio natural de especies distintas ás autóctonas".
- A Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, dentro do capítulo adicado aos Espacios Protexidos Rede Natura 2000, indica que "as administracións competentes tomarán as medidas apropiadas para evitar nos espacios da Rede Natura 2000, o deterioro dos hábitat naturales e dos hábitat das especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivaran a designación destas áreas".
Por todo isto, Verdegaia reclama un cambio na política medioambiental da Xunta de Galicia e o emprego de criterios sustentables na xestión dos nosos espazos naturais, ademáis de esixir o emprego exclusivo de especies autóctonas para calquera repoboación a realizar nun espazo protexido.