Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O de maior intensidade en 200 anos

Un terremoto de sete graos devasta Haití

Alén dos numerosos mortos dos que xa se informou, milleiros de persoas poderían estar sepultadas baixo os cascallos dos edificios derruídos.

Redacción - 09:35 13/01/2010
Tags: Haití
O país está sumido no caos

O país está sumido no caos

Última hora:



Non hai aínda balance oficial de vítimas, mais os testemuños que chegan de Haití son dramáticos. Un sismo de sete graos na escala Richter tería causado milleiros de vítimas no país máis pobre do continente americano. O epicentro detectouse ás 22h53 da noite do martes a dez quilómetros de profundidade nunha área situada a 16 km ao oeste da capital, Porto Príncipe. Segundo o Instituto Xeolóxico Estadounidense, non se coñecía un terremoto dunha intensidade similar nesa zona nos últimos 200 anos.

O sismo prolongouse durante algo máis dun minuto, e sucedeulle unha forte réplica que chegou aos 5,9 graos. As comunicacións telefónicas quedaron cortadas e agora mesmo os únicos contactos co país prodúcense a través do satélite. Segundo as primeiras imaxes chegadas, numerosas edificacións públicas viñéronse abaixo no país, incluído o propio pazo presidencial, que quedou en ruínas.


4,5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: