Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ante a Xunta Directiva do seu partido

Fraga pídelle a Rajoy unha defensa a ultranza da "unidade de España"

O ex presidente do Goberno galego e senador do PP considera que deste xeito mellorará a súa valoración persoal nas enquisas.

Redacción - 19:00 11/01/2010
Rajoy e Fraga noutra reunión

Rajoy e Fraga noutra reunión

O ex presidente da Xunta e senador do PP, Manuel Fraga, reclamoulle este luns ao líder do seu partido, Mariano Rajoy, que faga unha defensa "contundente" e "determinante" da "unidade de España" e do "respecto á Constitución", porque iso lle axudará a mellorar a súa valoración nas enquisas, que lle outorgan unha puntuación inferior á de José Luis Rodríguez Zapatero, aínda que o PP saca varios puntos de vantaxe ao PSOE nesas mesmas sondaxes.

Segundo informaron a Europa Press fontes 'populares', o presidente fundador do PP fixo esta petición ante a Xunta Directiva, o máximo órgano do partido entre congresos que reúne á plana maior do PP, co horizonte das eleccións catalás, este outono, e a inminente sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatuto catalán. A reunión só contou coas intervencións do propio Fraga, da secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, e de Mariano Rajoy.

Rajoy presumiu dos bos resultados que consegue o partido nas enquisas e cargou contra a actuación do goberno do PSOE que, ao seu entender, está facéndoo "rematadamente mal". "Como partido imos ben, as enquisas son boas e a rúa é mellor aínda do que din as sondaxes. Superamos moitas cousas, teremos dificultades no futuro, todo o mundo as ten, mais o importarche é que todos teñamos intelixencia para non crear dificultades de forma gratuíta", salientou.

Presenzas e ausencias

O temporal de frío e neve dificultou a chegada dalgúns cargos, como o presidente do PP vasco, Antonio Basagoiti. Tampouco puideron acudir o presidente do goberno valenciano, Francisco Camps, ou o de La Rioja, Pedro Sanz. Entre os asistentes, si que figuraba o máximo mandatario galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, Ramón Luís Valcárcel (Murcia), Esperanza Aguirre (Madrid) ou o alcalde da capital española, Alberto Ruiz Gallardón.


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: