Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ANIVERSARIO

Castelao, seis décadas de ausencia

No 60º cabodano da súa morte, a súa figura é reivindicada como referente do nacionalismo no difícil momento que atravesa a lingua e a identidade galegas.

Redacción - 11:55 07/01/2010

"Velahí por qué eu, no día de hoxe, denuncio como traidores a cantos sementan a discordia na nosa coleitividade, inxuriando e calumniando ao galeguismo, co único obxeto de servir aos nemigos da República democrática e liberal".

Así falaba Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no seu derradeiro discurso, escrito en 1949, no ano que sería o da súa morte. Unhas palabras que cobran especial actualidade 60 anos despois, inmersos como estamos nun continuo debate político sobre a identidade, o galeguismo e, aínda máis, sobre a cuestión lingüística.

Un cancro de pulmón levaríao á morte tal día coma hoxe no actualmente polémico Hospital Galego de Arxentina, de onde foi trasladado ao cemiterio da Charcita de Bos Aires, no medio de grandes mostras de solidariedade e admiración por parte dos bonaerenses e dos exiliados galegos. Foi a mesmo respecto e cariño que lle amosaron 35 anos despois os galegos, no seu traslado a Galiza (ver vídeo).

Máis alá da utilización duns e doutros da súa figura, a obra de Castelao ofrécenos hoxe un amplo abano de manifestacións artísticas, a xeito de novela, debuxos, caricaturas, pinturas ou ensaios. Teórico da arte e político, atopamos no seu facer un indiscutíbel compromiso co galeguismo e coa solidariedade que cómpre revisar.

Este xoves, Rianxo acollerá precisamente un acto público en recoñecemento do traballo do comprometido intelectual. Á lectura de loas e discursos por parte dos responsábeis do Bloque Nacionalista Galego (BNG) sumarase a tradicional ofrenda floral no busto de Castelao, no paseo da Ribeira da vila rianxeira.


Ligazóns

5/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: